Ilustrador/a
Pilar Sevillano
PILAR SEVILLANO CUADRADO licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e na actualidade é profesora de debuxo no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.
Compaxina o ensino con traballos de ilustración persoais. Colabora dende hai anos coa revista cultural "Lethes" e é autora das ilustracións do libro "O paso do esquecemento", de Antón Riveiro Coello, dirixido a pequenos lectores.