Matoso, Madalena
(enviar correo)Madalena Matoso (Lisboa, 1974) estudou Deseño de Comunicación na Facultade de Belas Artes de Lisboa e fixo un posgrao en Deseño Gráfico Editorial na Facultade de Belas Artes de Barcelona e é cofundadora da editorial Planeta Tangerina. En 2008 Madalena Matoso recibiu o Premio Nacional de Ilustración portugués polo libro "A Charada da Bicharada", con texto de Alice Vieira. "Para onde imos cando desaparecemos?" (Xerais, 2016), con texto de Isabel Minhós, é o primeiro libro ilustrado por Madalena Matoso que publica Xerais.