Logo Xerais

Info autor/a

Queizán, María Xosé

(enviar correo)

María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: A orella no buraco (1965), Amantia (Xerais 1984), A semellanza (1988), O segredo da Pedra Figueira (Xerais 1989), Amor de tango (Xerais 1992), O solpor da cupletista (Xerais 2003), Ten o seu punto a fresca rosa (Xerais 2000), Meu pai vaite matar (Xerais 2011), A boneca de Blanco Amor (2014) e Son noxento (Xerais 2015), o volume de relatos Sentinela, alerta! (Xerais 2002) e a biografía Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros (Xerais 2014). Como poeta é autora de: Metáfora da metáfora (1991), Despertar das amantes (1993), Fóra de min (1995), Non o abras como unha flor (Xerais 2004) e Cólera (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia Antígona, a forza do sangue (Xerais 1991), o drama Cartuxeira (2008) e a comedia Neuras (2008). Como ensaísta publicou: A muller en Galicia (1977), Recuperemos as mans (1980), Evidencias (Xerais 1990), Escrita da certeza (1995), Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1998), Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (Xerais 2004), Anti natura (Xerais 2008), Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (Xerais 2011) e Rosalía de Castro e o poder sexual (Xerais 2017). As súas memorias están recollidas en Vivir a galope (Xerais 2018).

As súas obras como autor/a