Logo Xerais

Info autor/a

Murado, Miguel-Anxo

(enviar correo)

Miguel-Anxo Murado (Lugo,1965), é autor de máis de vinte títulos de narrativa e poesía. Entre os seus libros de relatos destaca "Ruído, relatos de guerra", "Mércores de cinza" e "Memoria de derribos". En canto á poesía, é autor de "Lapidario dos Heterodoxos" e "Bestiario dos Descontentos" e tamén de ensaios, libros de viaxes e recompilacións de artigos. En 1996 recibiu o premio Arcebispo San Clemente. Publicou dúas obras de teatro xa representadas: "A grande noite de Fiz" (Xerais) e "Historias peregrinas". Como xornalista, cubriu as guerras de Croacia e Bosnia e a Segunda Intifada palestina. Residiu en Oriente Medio varios anos, onde traballou como oficial de prensa das Nacións Unidas e no goberno palestino, e como correspondente do diario "El Mundo". Actualmente é columnista de "La Voz de Galicia". Paralelamente, desenvolveu unha intensa actividade como guionista de cinema e televisión. Recibiu en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guións cinematográficos.

As súas obras como autor/a