Logo Xerais

Info autor/a

Ferrández Pérez, Daniela

(enviar correo)

Nada no País Valencià, Daniela Ferrández Pérez (Almoradí, 1988) é galega de adopción dende o ano 2011. Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2020), investigou sobre cuestións como a violencia política do franquismo, o clientelismo político, e o feminismo e os partidos políticos na Transición. Paralelamente, implicouse, xunto coa súa familia, no activismo pola memoria histórica na procura dos restos do seu bisavó, fusilado polo franquismo en Alacant en 1941.Como muller trans, leva varios anos involucrada no activismo LGBT do país, principalmente a través da asociación Amizando. Na actualidade é investigadora posdoutoral adscrita ao grupo Histagra USC.

As súas obras como autor/a