Logo Xerais

Info autor/a

Yañez, Antía

(enviar correo)

Antía Yáñez (Burela, 1991), enxeñeira, xestiona unha academia en Cecebre e organiza obradoiros literarios. Como narradora, comezou escribindo relato curto, ámbito no que gañou premios como Os Viadutos, o Xaime Illa Couto ou o Certame Literario de Cambre.Para o público infantil e xuvenil publicou as obras «O misterio de Portomarín» (2016), que ten a súa continuación en «O misterio do torque de Burela» (2019); a novela distópica «Be Water» (2019) e «Plan de rescate» (Xerais, 2020), Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade. En narrativa para adultos publicou a novela «Senlleiras» (2018, Premio Illa Nova) e participou no libro de relatos «Entre Donas» (2020). «Non penses nun elefante rosa» (2022) é a súa primeira novela na colección Narrativa de Xerais.

As súas obras como autor/a