Autor/a
Ánxela Lema París
Ánxela Lema París é investigadora posdoutoral Margarita Salas, membro do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) da Universidade da Coruña e colaboradora do grupo EDILIGAL. Obtivo o título de doutora en Estudos de xénero e literarios pola Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Université Paris 8 Vincennes-Saint-Denis coa tese titulada "Deconstruír o erotismo poético desde as non-monogamias. Estudo e relectura da poesía erótica galega e da súa recepción crítica na primeira década do século XXI", dirixida por Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Marta Segarra. Exerceu a docencia como lectora de galego na Université Sorbonne-Nouvelle Paris 3 e como lectora de español no Institut Universitaire de Technologie d'Amiens-Université de Picardie Jules Verne. Publicou xa varios artigos sobre heteronormatividade, biografismo e sexualización na lectura. No ámbito da ficción acaba de publicar o seu primeiro poemario, "ex-céntricas" (2022), xunto a Sara Villar Aira.