Logo Xerais

Info autor/a

L. Orosa, Pablo

(enviar correo)

Pablo L. Orosa (Oza dos Ríos, A Coruña, 1985) é xornalista. Iniciou a súa traxectoria profesional en Galicia e dende 2013 traballa como reporteiro freelance de información internacional. Neste camiño cubriu a posguerra iraquí, o conflito kurdo, a transición democrática en Birmania, o xenocidio rohingya, os estragos das maras na sociedade centroamericana (polo que recibiu o premio XII Memorial Joan Gomis), a fuxida dos refuxiados de Sudán do Sur ou a guerra contra o yihadismo en Somalia. Sempre que pode volve a Galicia para escoitar a seu avó contar historias de Foucellas. "Fálame do silencio" (Xerais 2018) é a súa primeira novela.

As súas obras como autor/a