Logo Xerais

Info autor/a

El Hematocrítico

(enviar correo)

Miguel López El Hematocrítico é autor de varios blogs humorísticos de éxito e continúa espallando a súa fama en Twitter. Leva colaborado en numerosos medios de comunicación. Ademais, é escritor e mestre de Educación Infantil, Inglés e Primaria. En Xerais publicou os libros «Feliz feroz. O lobiño riquiño» (2016), «Axente Riciños» (2016) e «O lobo con botas» (2018), ilustrados por Alberto Vázquez; «Rapunzel con piollos» (2019) e «Alcaldesa vermella» (2020), ilustrados por Mar Villar; e «A media hora dos recreos» (2020) e «Campións do mundo» (2020), ilustrados por Albert Monteys. En 2021 nace a serie Os Hematiños, ilustrada por Alberto Vázquez, que leva dous títulos publicados: «Un can» e «O meu irmono» (Xerais 2021).

As súas obras como autor/a