Logo Xerais

Info autor/a

Tizón, Antonio

(enviar correo)

Antonio Tizón (Aranga, A Coruña, 1960) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, e traballou como xornalista e profesor nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Ourense, Santiago e A Coruña. En 1996 publicou un libro de relatos, "In medias res", e o poemario "Ritmos". A partir de 2015, coa novela "A antesala luminosa", comezou a publicar en Xerais unha serie que ten como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de xénero negro, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema da loucura. A esa serie pertencen tamén as novelas "Un home estraño" (Xerais, 2018), Premio Cidade Centenaria de Ribeira, e "Os incurábeis" (Xerais 2020). Como poeta publicou "Non hai espellos nos manicomios" (2019) nun proxecto multimedia sobre saúde mental que se pode ler na web www.nonhaiespellosnosmanicomios.org. Tamén foi galardoado no V Certamen Internacional de Relatos Cortos sobre Discapacidad con "Descifrando el significado", cunha edición a cargo do centro hospitalario Benito Menni.

As súas obras como autor/a