Logo Xerais

Info autor/a

Campos, Jorge

(enviar correo)

Jorge Campos naceu en Ourense en 1982 e criouse entre a caloriña das Burgas e a maxia da Ribeira Sacra. Estudou arquitectura na Coruña e, nun xiro maxistral da vida, volveu á súa cidade natal, onde estudou ilustración na escola de arte Antonio Faílde. Converteuse entón en «ilustratecto». Tras gañar varios certames de banda deseñada, en 2017 publicou a súa primeira obra, «Alter·nativo», que obtivo o premio ao mellor libro de banda deseñada na Gala do Libro Galego. Tamén é autor e coautor das bandas deseñadas «Unha mestra en apuros» (I, II e III), «O destino de Kameko» e «As aventuras de Vani: Montaña». Outras obras destacadas súas son «A vida diaria dos romanos», «Un día de festa en... Allariz» e o «Atlas da Galicia pequeniña». Se te atopas con el pola rúa, é moi probable que o vexas sorrindo. Podes seguilo nas redes sociais, na súa conta @ilustratecto.

As súas obras como autor/a