XubÃn, Isaac
(enviar correo)Isaac XubÃn (A Coruña, 1978) é licenciado en FiloloxÃa Galega pola Universidade de Vigo e mestre en PolÃtica lingüÃstica e planificación da lingua galega. Como poeta publicou "Lisboa", Premio de poesÃa da Universidade de Vigo, 2004; "Con gume de folla húmida", Premio Lorenzo Baleirón, 2010; e "A cadencia da fractura" (Xerais 2017), Premio de poesÃa Manuel Lueiro Rey 2016: Como narrador publicou os relatos "Château Bobcat" e "Le pied de Julien DuPuy" (ambos os dous primeiro premio do Certame Os Viadutos de Redondela) e a novela "Non hai outro camiño" (Xerais, 2016). Elaborou o dicionario bilingüe galego-éuscaro e publicou traducións, entre as que destacan "Sete poetas vascos" e "Tempo de exilio", de Joseba Sarrionandia, polos que gañou os premios de tradución LoÃs TobÃo (2013) e Etxepare (2015) respectivamente.