Lado, MarÃa
(enviar correo)MarÃa Lado (Cee, 1979) é autora de cinco tÃtulos de poesÃa: A primeira visión (1997), casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2001), berlÃn (2005), nove (2008) e Amantes (2011). Publicou tamén o álbum infantil Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014).Poemas seus aparecen recollidos en ducias de libros colectivos e forman parte de diversas antoloxÃas. O seu interese polo recital poético levouna a formar parte de diferentes proxectos que exploran distintas fórmulas para o achegamento da poesÃa ao público maioritario. Seguindo esta idea, foi unha das fundadoras do colectivo Poetas da Hostia, creadores dos recitais-combate A hostia en verso, a poxa de poetas Vendo a miña alma e o exercicio de escrita en directo O seu poema, grazas. En colaboración coa Casa da Esquina (Coimbra) estreou o espectáculo Nove, baseado no poemario homónimo e dirixido por Ricardo Correia. Mantén dende hai dez anos varios espectáculos coa poeta LucÃa Aldao, dos que salienta Onde estea un cubata que se quite un soneto, Moita poesÃa pouca diversión, Con dez poemas por barba ou After.