Angueira, Anxo
(enviar correo)Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en FiloloxÃa Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: «Val de Ramirás» (1989), «O valo de Manselle» (Xerais, 1996), «Bágoas de facer illas» (Xerais, 1997), «Libro da Vertixe» (1997), «Pensa nao» (Premio Xerais de Novela 1999), «Terra de Iria. Viaxe ó paÃs de RosalÃa de Castro» (2002), «A morte de A.» (Xerais, 2003), «Fóra do sagrado» (Xerais, 2007) e «Iria» (Xerais, 2012). Como ensaÃsta, ademais dos seus estudos sobre Méndez FerrÃn («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: publicou «Das copras de Sarmiento aos cantares de RosalÃa de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento» (2013), realizou as edicións crÃticas de «Cantares gallegos», «Follas novas» e «En las orillas de Sar» e publicou diferentes traballos sobre RosalÃa de Castro, Curros EnrÃquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación RosalÃa de Castro. FotografÃa do autor: Anxo Cabada.