Autor/a
Ann McPherson
Aidan Macfarlane dirixiu o servizo de Saúde Infantil e Xuvenil para as Autoridades Sanitarias do condado de Oxford. Na actualidade é asesor por conta propia en saúde infantil e xuvenil. Ann Mcpherson é doutora de medicina xeral con moita experiencia nos xoves e os seus problemas, é tamén lectora do Departamento de Saúde e atención Primaria na Universidade de Oxford. As súas obras contán con millóns de lectores en todo o mundo, sendo traducidas a máis de vinte linguas. En galego teñen publicado: "Diario dun xove maniático" (Xerais 1991) "Eu tamén son maniática" (Xerais 1993), "Eu e os meus colegas" (Xerais 1995), "Novo diario dun xove maniático" (Xerais 2000), "O diario da outra maniática" (Xerais 2000) e "Guía para xoves maniáticos" (Xerais 2004). Outros libros seus en inglés son: "Mun I feel funny", premio do suplemento de Educación do xornal "Times"; "The virgin now boarding" e "Fresher Pressure". Publicaron tamén un libro para pais sobre a adolescencia titulado "Teenagers:The agony, the ectasy, the answers" (2000). Aidan Macfarlane e Ann Mcpherson teñen unha páxina web con moito éxito na que está baseada a "Guía para xoves maniáticos", (www.teenagehealthfreak.org) que recibe máis de 150.000 visitas á semana e que gañou o premio BUPA de comunicación.