Autor/a
Adrián Morgade
Adrián Morgade Valcárcel naceu en Pontevedra en 1990. Estudou na escola de arte da Coruña e realizou diversos cursos de ilustración. Medrou nunha época en que foron moi populares sagas e personaxes da animación e do cine que aínda perviven na actualidade: «Os cazafantasmas», «Gremlins», «Tartarugas Ninja», «Parque Xurásico» etc. Toda esa amálgama de monstros e heroes quedou fixada nas súas retinas e axudoulle a darlles forma ás súas historias. En Xerais, é autor das bandas deseñadas «Xinfu na maldición guauchuky» (2017) e «Xinfu. Múxel Attacks» (2022). Tamén deseñou e ilustrou as biografías musicais «Los Suaves. Mi casa es el rock 'n' roll» (2014) e «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba» (2018). Actualmente traballa en varios proxectos de ilustración. Se queres saber máis sobre Xinfu, podes visitar a súa páxina en Facebook: @therealxinfu.