Estudou Arquitectura e iniciou o seu percorrido na ilustración infantil e xuvenil no ano 2011 co premio Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou numerosos libros e participou en diversas exposicións. En Xerais é autor das ilustracións dos seguintes libros: «As palabras do silencio» (2013), «As noites de Xián» (2014), «O refugallo» (2015), «Nena e o mar» (2015), «O día que choveu do revés» (2016), «A cazadora de estrelas» (2017), «Vinte mil leguas baixo dos mares» (2019), «Unha fábrica de bicos» (2020), «As músicas viaxeiras» (2021), «Eu tamén fun pequena» (2023), «Analfabeta» (2024), «O misterio das zocas» (2025), «Esta é a miña historia e terás que crela» (2025) e «Operación Lola Carola» (2027).
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos