Alice Oseman naceu en 1994 en Kent, Inglaterra, e é escritora e ilustradora a tempo completo.
Alén de escribir e ilustrar «Heartstopper«, Alice é autora de catro novelas xuvenís: «Solitaire», «Radio Silence», «I Was Born for This» e «Loveless», gañadora do YA Book Prize. Tamén participa como guionista e produtora executiva na adaptación televisiva de Heartstopper, galardoada nos premios Emmy.
Para saber máis sobre o traballo de Alice, visita os seus perfís en liña:
aliceoseman.com
instagram.com/aliceoseman