Alba De Evan (Vigo, 1987). Estudou Historia na Universidade de Vigo e é profesora de ensino secundario. Xunto con Xabier Domínguez fundou en 2020 a Editorial Antela.
Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato «A Superavoa de Antón».
En Xerais é coautora, con Xabier Domínguez, das novelas infantís «Maxia de pedra» (2021) e «Segredos soterrados» (2023) e mais da «Guía ilustrada do Entroido Galego» (Xerais, 2025).
En solitario asinou «Varetai». Protectora de espíritos (Xerais, 2024).
Para o público xuvenil publicou «Dormen baixo terra» (2025) e «Queridas pantasmas» (Xerais, 2025).
Libros de Alba De Evan
Queridas pantasmas
Varetai. Protectora de espíritos
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos