Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía

Autor/a : Xosé Luís Axeitos Agrelo

Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta.

Partilla este libro

Sinopse

Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de querer ser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra do rianxeiro. O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco -a rebeldía- para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria -o nacionalismo das Irmandades- cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes». E aspira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzado intelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non falten as dificultades e os procedementos experimentais -léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos- que un escritor ambicioso poida propoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicional instalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservas polo vieiro experimental e innovador. En liberdade

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345152

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-188-4

  • Publicación

    29/06/2017

  • Clasificación IBIC

    BGL

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    304

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Sobre a colección CRÓNICA