O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade.
Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.
Partilla este libro
Sinopse
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade.
Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.
O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.
Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.
Colección
Narrativa
Código
1331145
I.S.B.N.
978-84-8302-261-0
Publicación
12/06/1998
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378116
I.S.B.N.
978-84-9914-422-1
Publicación
22/02/2013
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Manuel Rivas
Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: Todo ben (1985); «Un millón de vacas» (1989), Premio da Crítica Española; «Os comedores de patacas» (1991); «En salvaxe compaña» (1994), Premio da Crítica Galicia; «Que me queres, amor?» (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; «Bala perdida» (1996); «O lapis do carpinteiro» (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); «Ela, maldita alma» (1999); «A man dos paíños» (2000); «As chamadas perdidas» (2002); «Contos de Nadal» (2003); «Os libros arden mal» (2006), novela, Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; «Todo é silencio» (2010), «As voces baixas» (2012), «O último día de Terranova» (2015) e «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (2018). «Tras do Ceo» (Xerais, 2024) é a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. É codirector da revista «Luzes». Foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas 2024.