Este libro desenvolve un amplo abano de contidos matemáticos seleccionados a partir daqueles que conforman os currículos do bacharelato, intentando poñer de manifesto cales son os seus fundamentos, o porqué da súa pertinencia, que rol desempeñan na ciencia e na cultura, que procesos conduciron á súa creación e como evolucionaron.
Partilla este libro
Sinopse

Adóptase unha perspectiva construtiva e contextualizada, cun teor narrativo: a carreira de Aquiles e a tartaruga, o voo de Ícaro, o enigmático número pi, un enredo na compra de entradas, apostas nunha lancha de Marín, á procura dos átomos, anelando paxaros, as ondas sonoras, paseando por Monforte, chegarmos á simplicidade a través da complexidade, doazón de órganos, no niño do paxaro carboeiro, matriculando coches...
Colección
Básicos ciencia
Código
1327502
I.S.B.N.
978-84-9121-132-7
Publicación
09/02/2017
Clasificación IBIC
PB
Formato
Papel
Páxinas
168
Tamaño
24 x 16.5 cm
Colección
Ensaio
Código
1378819
I.S.B.N.
978-84-1110-220-9
Publicación
10/11/2022
Clasificación IBIC
PB
Formato
ePub
Autor
Antom Labranha
Antom Labranha (Cedeira, 1955) é catedrático de Matemáticas no IES San Clemente e profesor de Didáctica da Matemática na Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Matemáticas, ten desenvolvido unha extensa tarefa de divulgación didáctica desta disciplina a través de diversos libros e artigos. Foi gañador do concurso estatal «Enseñar Matemáticas: recursos y materiales» (Madrid, 1991) e do concurso internacional «Renovación Pedagógica en Matemáticas» (San Fernando, 1998).