O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla.
Partilla este libro
Sinopse
O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla. Unha obra que, ademais, homenaxea a Juan Álvarez de Mendoza, Luis Bellido, Nemesio Cobreros, Eloy Maquieira ou Alfredo Vila, arquitectos que deseñaron a cidade e renovaron o seu urbanismo no último século.
En palabras de Paco Martín, "Santiago Catalán, nesta obra, que non dubido en cualificar de substancial para o coñecemento da nosa cidade, descorre coa mao sensible do artista a cortina que gardaba da nosa vista moito diso que cada día miramos pero que non sempre vemos". "Arquitecturas debuxadas vén achaiar o camiño do viaxeiro interesado despechándolle portas á curiosidade intelixente, a encher de arte e coñecemento ese espazo que o costume e a rutina foron baleirando na sabenza dos lugueses". Un libro que Santiago Jaureguizar cualifica como "celebración das porcións de Lugo, 'que adscribe' á Cidade Eterna", engadindo que "o vademécum de Catalán é o inventario que o noso sandador nos lega para indicarnos a arquitectura luguesa que debemos preservar".
Colección
Libros con xeito
Código
1399087
I.S.B.N.
978-84-9121-120-4
Publicación
10/11/2016
Clasificación IBIC
AFF
Formato
Papel
Páxinas
144
Tamaño
29.5 x 22.5 cm
Autor
Santiago Catalán
Santiago Catalán (Madrid, 1954) é arquitecto, debuxante e pintor. Desde a súa titulación na Escola de Arquitectura de Madrid en 1978 compaxina a súa faceta profesional (con proxectos de edificios públicos, restauración de monumentos, interiorismo e deseño gráfico) cunha intensa dedicación ao debuxo e ao mundo da arte en xeral. Ten realizado numerosas mostras individuais e colectivas, e é fundador e socio da galería alternativa e do grupo artístico Bacabú en Lugo, o seu lugar de residencia desde 1980. No ano 2016 publicou en Xerais "Arquitecturas debuxadas. Lugo".