A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador.
Partilla este libro
Sinopse
A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador. Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a imaxe, agás en «Mónica dos dous paraugas» e mais en «A volta do rodeo», relatos nos que temos que agardar ó final para descubrir o que une imaxe e texto.
Habitantes do país da chuvia, Paco Martín e Daniel Puente Bello poñen o foco nos paraugas para facelos protagonistas deste libro.
"Hai moitas historias de paraugas na miña provincia galega e todas as que coñezo supoñen que os paraugas voan" Álvaro Cunqueiro
Colección
Milmanda
Código
1334523
I.S.B.N.
978-84-9121-091-7
Publicación
22/09/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
21.5 x 14.5 cm
Colección
Milmanda
Código
1378232
I.S.B.N.
978-84-9121-087-0
Publicación
22/09/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Paco Martín
Paco Martín (Lugo, 1940). Mestre xubilado. Colaborador en diversos medios de comunicación, foi Premio Puro Cora de xornalismo, 1994. É autor de libros de texto para o ensino da lingua galega. Entre a trintena de libros que escribiu, destaca como o máis premiado "Das cousas de Ramón Lamote" (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986), e Lista de Honra do IBBY (1986). En Xerais ten publicados: "Servando I, rei do mundo enteiro" (1990), "Un robot pequeno" (1991), "A rula, o peluche e a nena" (2015) e "De paraugas" (2016).