A cultura do cóctel susténtase en catro piares fundamentais: primeiro, o labor dos bares que basean nos cócteles o seu modus vivendi; segundo, o labor que se fai na hostalaría non especializada; terceiro, a valoración e a importancia que as marcas de destilados, mixers, etc.
Partilla este libro
Sinopse
A cultura do cóctel susténtase en catro piares fundamentais: primeiro, o labor dos bares que basean nos cócteles o seu modus vivendi; segundo, o labor que se fai na hostalaría non especializada; terceiro, a valoración e a importancia que as marcas de destilados, mixers, etc. outorgan ao cóctel como valor engadido, e, por último, o labor divulgativo e formador do que se fan eco os medios de comunicación, programas de TV, radio, prensa escrita ou libros coma este, que ofrecen ao consumidor final a posibilidade de preparar tragos no ámbito das súas casas.
Esta, precisamente, é a finalidade deste volume: a divulgación entre os non profesionais das técnicas e trucos necesarios para construír un cóctel, difundir a súa cultura e achegar a coctelaría aos fogares.
Colección
LIBRO X
Código
1379516
I.S.B.N.
978-84-9121-049-8
Publicación
07/07/2016
Clasificación IBIC
WBXD3
Formato
Papel
Páxinas
160
Tamaño
20 x 13 cm
Autor
David Ortiz Borrás
David Ortiz (A Coruña,1975). Batender vocacional, é dende o ano 2005 o barmanager e propietario do Baobab Cocktail Bar na Coruña.
Máis alá de ofrecer mesturas na barra do Baobab, é un recoñecido divulgador da cultura do cóctel. Colabora na radio e na prensa escrita, imparte cursos, dá charlas, participa en relatorios e traballa para diferentes marcas de destilados. Ademais é creador, xunto a Miguel Arbre e Pablo Gómez, do proxecto multidisciplinar Bordello.