Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista.
Partilla este libro
Sinopse
Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista... Camiñante polos vieiros da terra e autor teatral, Manuel María (o primeiro mozo que publicou unha obra en galego despois da Guerra Civil) foi, sobre todo, un poeta que saloucaba cando vía unha estrela. O volume complétase cunha cronoloxía da vida e obra, ademais dunha antoloxía de poemas, «Ferrados de corazón», do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.
Colección
De 9 anos en diante
Código
1343256
I.S.B.N.
978-84-9121-019-1
Publicación
24/03/2016
Clasificación IBIC
YDP
Formato
Papel
Páxinas
136
Tamaño
19 x 14 cm
Autor
Manuel Veiga Taboada
Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre», «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia».
(Foto do autor: Antonio Gutiérrez)
Exerceu como mestre de Educación Primaria en colexios de Ferrol, A Coruña, Terrassa e novamente Ferrol. Foi director dos colexios de Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías. Actualmente está xubilado.
Membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega, da que pertenceu ao seu secretariado nacional moitos anos, foi presidente no período 2004-08 e actualmente vicepresidente. Coautor e/ou coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica.
Coordinador e/ou coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, coas ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino: Dicionario Xerais da Lingua; as series O Noso Galego, Canles, Ámote, mundo!, Nobelos de papel, Labia, Lingua, Os libros de Merlín, Colección Merlín de literatura infantil... editados por Edicións Xerais.