Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

O inspector e mais eu

Autor/a : Ignacio Vidal Portabales

A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre.

Partilla este libro

Sinopse

A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro. A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende. As pretensións amorosas da protagonista -contadas en clave de humor- son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico. Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331403

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-126-6

  • Publicación

    10/11/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    320

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378233

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-130-3

  • Publicación

    10/11/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Ignacio Vidal Portabales

FÓRA DE XOGO

Sangue no dron

Sangue no dron

Narrativa

Lara e Sabela

Lara e Sabela

Sobre a colección Narrativa