A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos.
Partilla este libro
Sinopse
A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos.
A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir os incribles vínculos da talla cun dos instantes decisivos da historia de Europa.
Unha novela trepidante coa que Manuel Gago se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega.
Colección
Narrativa
Código
1331389
I.S.B.N.
978-84-9914-985-1
Publicación
05/05/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
496
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378218
I.S.B.N.
978-84-9914-987-5
Publicación
05/05/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Manuel Gago
Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é vilego, da Pobra do Caramiñal. Dirixe «culturagalega.gal», a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega, e é profesor de Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Como divulgador científico e histórico, leva promovido numerosos proxectos de posta en valor do patrimonio cultural e comisariado exposicións nas cales explora a confluencia entre cultura e tecnoloxía. Ensaísta e narrador, publicou «Herdeiros pola forza. Poder, patrimonio cultural e sociedade na Galicia do século XXI» e os libros de ficción «Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia» (Xerais, 2013, 2015), «O anxo negro» (Xerais, 2016), «O exército de fume» (Xerais, 2018) e «Nus» (Xerais, 2021). Mantén o blog «Capítulo Cero» (www.capitulocero.org).
(Foto do autor: Sole Felloza)