O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser.
Partilla este libro
Sinopse
O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fría noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a última noite de Isolina, a finada. Nas longas horas debullan os momentos pasados que as uniron e que delatan a procura dunha vida mellor. Reencóntranse tras moitos anos logo de que, a raíz dun incendio, as súas vidas transcorresen por camiños diferentes. Durante o velorio non están soas, a aldea eterna enfróntase unha vez máis á morte coa súa propia idiosincrasia, mais esta vez algo alterada pola desaparición dun veciño, un feito novo, incomprensible para o que ten que ser.
O velorio é un momento onde a comunidade dividida ten a derradeira oportunidade para se redefinir nun exercicio de recoñecemento mutuo. Compártese o que separa sen deixar fluír o máis profundo antes de que chegue a luz do día e devolva a cada unha ao mundo cotián en que habita. Cara ao leste propón unha reflexión incómoda sobre o punto de partida e o dilema que leva á procura de novos territorios.
Colección
Narrativa
Código
1331387
I.S.B.N.
978-84-9914-972-1
Publicación
18/02/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378217
I.S.B.N.
978-84-9914-976-9
Publicación
18/02/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Antía Nara
Antía Nara traballa como investigadora e reside en Berlín. A súa primeira novela é "Aquel Lugar" (Xerais, 2007). "Cara ao leste" (Xerais, 2016) é a súa segunda novela.