Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food

Autor/a : Álex Alonso

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo.

Partilla este libro

Sinopse

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dende o memorable relato «O curso de novas tecnoloxías», que abre o libro a gargalladas, pasando pola versión bífida de «By Glory Lake» ou polo emotivo «Non me chames terrorista», até o estremecedor «Vitrasa», Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e da precariedade da Galicia actual.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331390

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-984-4

  • Publicación

    10/03/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    168

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378219

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-986-8

  • Publicación

    10/03/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Álex Alonso

Narrativa

O estranxeiro

O estranxeiro

FÓRA DE XOGO

Bullying

Bullying

Narrativa

Granito

Granito

Sobre a colección Narrativa