Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis.
Partilla este libro
Sinopse
Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis. El, Xosé, profesor de Historia nun centro de ensino secundario, tamén só, leva un tempo agardando, mentres agoniza cada tarde de xaneiro.
Interferencias é a historia de María e Xosé, dous seres humanos que atravesan os camiños da vida como poden, persoas illadas, que se mergullan entre insospeitadas interferencias. Unha novela escrita nunha longa noite de pedra psicolóxica, que supón o agardado regreso á narrativa galega de Manuel Seixas, autor de A velocidade do frío, (Premio Xerais 1996) e Bailarina (1999), dúas novelas destacadas da fin do século XX.
Colección
Narrativa
Código
1331378
I.S.B.N.
978-84-9914-905-9
Publicación
10/09/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
144
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378203
I.S.B.N.
978-84-9914-912-7
Publicación
10/09/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Manuel Seixas
Manuel Seixas (Manuel García Seixas) (Vilagarcía, 1961) é profesor de filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno. Como poeta publicou Vestixios do verme (1999) e Diario de Ausencias (2001). Debutou como narrador co libro de relatos Viñeron do espacio interior (1996), ao que seguiron as novelas A velocidade do frío (1996), Premio Xerais; Bailarina (Xerais, 1999), e Interferencias (Xerais, 2015). Ademais publicou o ensaio incluído no libro A memoria de Vilagarcía (Xerais, 2003). Como músico co grupo Korosi dansas editou os cedés Cordura (1995) e Non! (1996). Un conxunto de temas baseados na súa novela A velocidade do frío foron musicados por el para o CD homónimo, editado en 1997. Outro cedé en solitario foi Presentimento (2001). Co grupo Neuroband editou Microse (In memoriam Roberto Camba, 2004), Proceso Amniótico (2011) e Verde (2015). Creación, vida, obra, colaboracións, proxectos e participación interactiva poden atoparse no seu espazo web: www.manuelseixas.com