Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan.
Partilla este libro
Sinopse
Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben é que esa viaxe os vai transformar radicalmente. Deixado o amparo da rutina, o Mundo, o Demo e a Carne asexan os viaxeiros cos seus galanos. A viaxe, nas súas novidades e encontros, suporá unha vía de autocoñecemento de consecuencias tráxicas.
Fuxón vai ser o máis afectado. O lado escuro da propia sexualidade e o descubrimento de certas propiedades dalgunhas plantas provocarán nel unha fascinación irreparable. Co decorrer das xornadas mudarán as relacións entre Fuxón e Stefano, que deixarán de ser quen eran. A galera, sombra esvaecida na conciencia de Fuxón, tornará en grave obriga para Stefano.
Co pano de fondo da loita polo poder relixioso e político, os tres viaxeiros apenas gustarán de canto lles ofrece o camiño: a presenza islámica, as novidades litúrxicas, as vilas rebuldeiras, as feiras..., para eles todo semella espectáculo antes que realidade. Tan só Francesco, coa súa inocencia, será quen de evitar os perigos nos que naufragan os seus compañeiros e conseguirá adaptarse no novo país.
Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnífica peza literaria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores e lectoras a mellor narrativa.
Colección
Narrativa
Código
1331375
I.S.B.N.
978-84-9914-882-3
Publicación
02/07/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
160
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378198
I.S.B.N.
978-84-9914-879-3
Publicación
02/07/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Xabier Paz
Xabier Paz (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico e de viaxes. Publicou as novelas «Renacer» (Xerais, 2008), «As vidas de Nito» (Xerais, 2013), «A galera de Xelmírez» (Xerais, 2015), «Aníbal e a Pintora» (Xerais, 2017), «Galileo no espello da noite» (Xerais, 2019), «A Barcelonesa» (Xerais, 2021) e «O libro e o tapiz» (2023). Como poeta, publicou «Sedimentos» (2001), «No canto do mar» (2005), «Materia de Lucrecio» (Xerais, 2006) e «Filoxenia do sangue» (2006). Tamén é autor do libro «Follas do bacallau» (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura.