Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais.
Partilla este libro
Sinopse
Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais. Fidel ocúpase dos asuntos administrativos; Cora do traballo de campo, e será a súa implicación emocional coas persoas entrevistadas o que fará remexer nela escuras lembranzas do seu pasado.
Fuxindo dun ambiente opresor, e incapaz de desbotar do pensamento os testemuños inquietantes dos suicidas, Cora diríxese á cidade que a viu medrar buscando o acubillo de Remedios, a súa avoa, unha muller de personalidade castradora. Xaora, non atopará acougo, senón un mundo de falsidades agochadas no soto da súa infancia.
Un mosaico de personaxes que actúan como monicreques guiados por un destino perverso que controla as súas vidas, erguendo entre eles herméticos muros de aire.
Colección
Narrativa
Código
1331377
I.S.B.N.
978-84-9914-904-2
Publicación
10/09/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
248
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378202
I.S.B.N.
978-84-9914-910-3
Publicación
10/09/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
An Alfaya
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017.
Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas.
O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.