Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Vento e chuvia (Edición de campo)

Autor/a : Manuel Gago
Ilustrador/a : Manel Cráneo

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes.

Partilla este libro

Sinopse

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Esta "edición de campo" incorpora novos contidos con respecto á anterior, e que se substancia nun prólogo adicional para esta edición e toda unha serie de notas acompañando cada un dos relatos, con interesantes propostas para profesores, pais e rapaces para explorar e viaxar polo territorio galego, gozando da arqueoloxía e podendo xogar coa interacción entre historia e ficción que se propón todo o tempo nas historias dos deuses. Ademais, inclúense os roteiros antes só dispoñibles na web oficial.

  • Colección

    LIBRO X

  • Código

    1379513

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-903-5

  • Publicación

    10/09/2015

  • Clasificación IBIC

    FQ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    256

  • Tamaño

    20 x 13 cm

Libros de Manuel Gago

Narrativa

Nus

Nus

Narrativa

O exército de fume

O exército de fume

Narrativa

O anxo negro

O anxo negro

Sobre a colección LIBRO X