É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega.
Partilla este libro
Sinopse
É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de Literatura Comparada. Fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre Camões e de estudos valiosos sobre Cervantes, Góngora, Paul Claudel...
Nesta Biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do Partido, vota SI no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. Do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro...). Desde 1942 ata a súa morte, Filgueira Valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da Causa galega», como diagnosticara Alexandre Bóveda en 1935.
A inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de Filgueira Valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da Galicia moderna e contemporánea.
Colección
CRÓNICA
Código
1345145
I.S.B.N.
978-84-9914-833-5
Publicación
07/05/2015
Clasificación IBIC
BGL
Formato
Papel
Páxinas
296
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega dende 2013, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos entre os que cabe destacar: "Cen anos de literatura galega" (1964); "Informe -dramático- sobre la lengua gallega" (1973); "Celso Emilio Ferreiro" (1982); "Decálogo da lingua galega" (1990); "Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado)" (1991); "As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane" (Xerais 1994, 2002); "Ensaios breves de literatura e política" (1996); "Curros Enríquez no Franquismo (1936-1971)" (2003); "A Batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na Unesco en 1954" (Xerais 2003); "Intelectuais marxistas en Galicia (1920-2006)" (Xerais 2006); "Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004)" (Xerais 2004); "Eduardo Jorge Bosco (Poemas en lingua galega)" (Xerais 2007); "Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)" (Xerais 2009); "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo" (Xerais 2011, Premio Losada Diéguez, 2012), "Castelao na Unión Soviética en 1938" (Xerais, 2012); "Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo" (Xerais 2014) e "Xosé Filgueira Valverde: Biografía intelectual" (Xerais 2015). Unha escolma da súa obra xornalística foi recollida en "Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)" (2000), publicación con motivo da concesión do Premio Roberto Blanco Torres 2000. Escolmou a súa produción lírica no libro "Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo" /Xerais 2017). Director do Centro de Estudos Rosalianos, é autor de centos de traballos sobre Rosalía de Castro e outros escritores.