O dobrón de a oito narra as aventuras do rapaz Martiño de Santadrán na Galicia da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade dos camiños como a arbitrariedade dos escribáns e das xustizas locais.
Partilla este libro
Sinopse
O dobrón de a oito narra as aventuras do rapaz Martiño de Santadrán na Galicia da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade dos camiños como a arbitrariedade dos escribáns e das xustizas locais. Os feitos arrancan coa chegada do protagonista á taberna de Lusquiños, que se levanta ao pé da praia do mesmo nome. É entón cando comezan a se destapar os enigmas que rodearon os últimos días do pai do protagonista, un artilleiro que morrera nun barco da real armada. A precipitación dos acontecementos na taberna fai que Martiño procure a axuda do fidalgo de Dornas e do curioso personaxe do gaiteiro Gures. Finalmente, os tres xuntos veranse na obriga de afrontar un perigoso destino.
Colección
Narrativa
Código
1331385
I.S.B.N.
978-84-9914-966-0
Publicación
14/01/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
192
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378184
I.S.B.N.
978-84-9914-968-4
Publicación
14/01/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Alberto Fortes
Alberto Fortes (Pontevedra, 1964) é autor de diversos libros. En Xerais publicou a novela "O dobrón de a oito" (2016), unha historia de aventuras na Galicia de finais do antigo réxime, así como "O corsario" (2005), un relato de investigación sobre a vida dos irmáns Gago de Mendoza. Ademais é autor de libros como "Memorias de Ravachol" (2007), "Crónicas de San Domingos" (2007) e "O violín de Sarasate" (2002). Tamén publicou as novelas "Amargas han sido las horas" (1998); "Memorial de abordo" (2003), unha viaxe nos barcos máis senlleiros da literatura, ou "Los viajes de Shackleton a la Antártida" (2014), sobre a vida do famoso explorador irlandés.