Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

A rula, o peluche e a nena

Autor/a : Paco Martín
Ilustrador/a : Belén Martín Franco

Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non teñen nome porque ninguén llelo pon, pero esta chámase Airosiña.

Partilla este libro

Sinopse

Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non teñen nome porque ninguén llelo pon, pero esta chámase Airosiña. Foi a primeira en botar a cabeciña fóra do niño feito polos seus pais na póla dun vello carballo que había por tras dunha casiña de fiestras verdes. O primeiro que viron os ollos de Airosiña, ademais do ceo azul, das nubes brancas, e da silueta malva das montañas ao lonxe, foron os cristais que pechaban unha galería e, por tras deles, un obxecto de curiosa feitura. As leccións dos pais non lle chegan a Airosiña, que devece por saber que hai tras dos cristais da galería. A súa inmensa curiosidade e espírito de aventura lévana a seguir paso a paso unha das experiencias máis marabillosas que pode ter calquera ser vivo: o nacemento dunha nova vida, a de Jimena.

  • Colección

    De 7 anos en diante

  • Código

    1343245

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-822-9

  • Publicación

    12/03/2015

  • Clasificación IBIC

    YFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    104

  • Tamaño

    19.5 x 14 cm

Sobre a colección De 7 anos en diante