O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados.
Partilla este libro
Sinopse
O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. Aínda que a lectura de "Zapatillas rotas" por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. "Zapatillas rotas" trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo.
Colección
Narrativa
Código
1331358
I.S.B.N.
978-84-9914-700-0
Publicación
26/08/2014
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
400
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378174
I.S.B.N.
978-84-9914-726-0
Publicación
11/02/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Xabier Quiroga
Xabier Quiroga, que prefire non divulgar datos biográficos e que segue a considerar que «na literatura importa a obra en si e non a montaxe que se argalla arredor dela», deuse a coñecer con «Atuado na braña» (Xerais, 2002), novela longa que recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). A seguir entregou unha pequena alfaia literaria, «Era por setembro» (Xerais, 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola «emoción que destila no recanto de cada páxina». Volveu tras os pasos da súa primeira novela en «Se buscabas un deus» (Xerais, 2006), unha reflexión sobre o futuro que nos agarda.
As súas seguintes achegas consolidárono como un autor de referencia nas letras galegas: «O Cabo do Mundo» (Xerais, 2009) e «Zapatillas rotas» (Xerais, 2014) outorgáronlle os Premios da Crítica de 2010 e de 2015, respectivamente; e a sorprendente «Izan o da saca» (Xerais, 2015) recibiu o Premio Arcebispo San Clemente 2016 e mais o favor do público lector. Con «O baile dos estorniños» (Xerais, 2021), que ten en común con «O Cabo do Mundo» e «Izan o da saca» a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra. A súa novela máis recente é «Coa man esquerda» (Xerais, 2023).