Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida.
Partilla este libro
Sinopse
Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343716
I.S.B.N.
978-84-9914-496-2
Publicación
07/02/2013
Clasificación IBIC
YFG
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
19 x 13.5 cm
Colección
De 11 anos en diante
Código
1377504
I.S.B.N.
978-84-9914-648-5
Publicación
21/02/2014
Clasificación IBIC
YFG
Formato
ePub
Autor
Anxo Fariña
Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros «A chave da Atlántida» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), a exitosa serie «Os Megatoxos» (que leva sete títulos publicados) e a serie «Gliz» para primeiros lectores (2017), así como as novelas «Horizonte de sucesos» (2016), «4 xinetes» (2017) e «Os ecos do lume» (2019). Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/