Hai que matalos a todos
Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación.
Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación.
Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación. Os rapaces pretenden vender as imaxes, mais non lles resulta fácil. Cando o CNI descobre a existencia do vídeo encarga ao seu axente Toni Capelán que impida a súa difusión. Xaora, uns xornalistas tratan de dar a coñecer a verdade do sucedido, mais para conseguilo terán que arriscar moito, xa que nas catacumbas do poder algúns pensan que para impedir o escándalo e a crise política hai que matalos a todos. Unha historia que transcorre a través de tres continentes, chea de acción e de suspense, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identidade e o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor. Unha novela de acción trepidante e de lectura engaiolante coa que Héctor Carré se incorpora ao xénero negro.
Colección
Narrativa
Código
1331370
I.S.B.N.
978-84-9914-835-9
Publicación
16/04/2015
Clasificación IBIC
FH
Formato
Papel
Páxinas
312
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378183
I.S.B.N.
978-84-9914-841-0
Publicación
16/04/2015
Clasificación IBIC
FH
Formato
ePub