Ata a aparición desta Poesía completa, Valentín Paz-Andrade (1898-1987) era o autor de tres poemarios e mais dun pequeno monllo de composicións. Daquela, a idea que prevaleceu ata hoxe é que a escrita poética era para Paz-Andrade un acto de evasión ou divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda ocupada noutros labores ou vocacións fecundas, como a da avogacía e a dos negocios.
Partilla este libro
Sinopse
Ata a aparición desta Poesía completa, Valentín Paz-Andrade (1898-1987) era o autor de tres poemarios e mais dun pequeno monllo de composicións. Daquela, a idea que prevaleceu ata hoxe é que a escrita poética era para Paz-Andrade un acto de evasión ou divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda ocupada noutros labores ou vocacións fecundas, como a da avogacía e a dos negocios.
Coa aparición desta edición da súa Poesía completa, que fai pública unha abundante e descoñecida obra poética inédita, a figura literaria de Valentín Paz-Andrade cobra unha nova dimensión. Inclúense neste volume, preparado por Gregorio Ferreiro Fente, ademais da totalidade dos textos xa coñecidos, unha copiosísima obra inédita que o autor foi construíndo, con empeño e inspiración, durante case corenta anos ininterrompidos de labor poético. Entre esta obra destacan, pola súa transcendencia dentro do sistema literario galego, varios poemarios completos que escribiu durante os anos da Guerra Civil española.
Colección
Xerais Clásicos
Código
1333116
I.S.B.N.
978-84-9914-341-5
Publicación
11/05/2012
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
752
Tamaño
22.5 x 14.5 cm
Autor
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898 - Vigo 1987) foi poeta, avogado, xornalista e home de empresa vinculado á política galeguista. Personalidade multifacética, fixo de Galicia a súa tarefa. Licenciouse en Dereito en 1921 e participou na creación do xornal Galicia (1922), do que foi director. Exerceu a avogacía, asesorando a Sociedade de Armadores de Bouzas (1927) e ligándose á revista Industrias Pesqueras. Durante a República participou na redacción do anteproxecto de Estatuto de Galiza. Tras o alzamento militar foi desterrado a Verín, onde comezou a escribir poemas en galego. Foi un dos fundadores da empresa Pescanova (1960), da Feira Mundial da Pesca de Vigo (1973), e recoñecido especialista internacional en temas pesqueiros.
Como poeta, ata o de agora, só era coñecido por tres títulos: Pranto matricial (1955), Sementeira do vento (1968) e Cen chaves de sombra (1977). Nesta Poesía completa, da man de Gregorio Ferreiro Fente, Xerais dá á luz unha copiosísima obra poética inédita que redimensiona a súa figura literaria: A serra. Cantos do desterro branco (1937), Sangue na neve: Etopeia da serra (1937), Cantos da aguia e do lobo (1937), Canto do pobo disperso (1955), Canto reuncial de Galiza (1980), Áurea ora de Galiza (1984), Canto en catro ao conde de Andrade (1985), Poemas soltos (1937-1984), así como os textos fragmentarios Canto do liño e da la (1937-1939) e Os sete salmos da remigración (1955).
Ensaísta prolífico, publicou, entre outros libros, El sistema económico de la pesca en Galicia (1958), Galicia como tarea (1959) e La marginación de Galicia (1970), amais títulos de carácter literario como A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978) e a biografía Castelao na luz e na sombra (1982).