Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e mais os seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, bótanse ao mar tras o engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no mapa.
Partilla este libro
Sinopse
Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e mais os seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, bótanse ao mar tras o engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no mapa. As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de John Silver o Longo e do resto dos tripulantes da Hispaniola significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente John Silver, amosa a característica preocupación de Robert Louis Stevenson pola ambigüidade moral das persoas, A Illa do Tesouro representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible.
Colección
XABARÍN
Código
1325510
I.S.B.N.
978-84-9914-333-0
Publicación
18/01/2012
Clasificación IBIC
YFA
Formato
Papel
Páxinas
312
Tamaño
21 x 13.5 cm
Colección
XABARÍN
Código
1377139
I.S.B.N.
978-84-9914-791-8
Publicación
03/12/2014
Clasificación IBIC
YFA
Formato
ePub
Autor
Robert Louis Stevenson
Robert Louis Stevenson naceu en 1850 en Edimburgo e finou en 1894 en Samoa. Foi agarimosamente sepultado polos indíxenas no cume do monte Vaea, de cara ao Océano Pacífico. Malia a súa curta vida embazada pola mágoa dunha teimuda doenza de peito, deixou escrito: «Toda a historia da miña vida é para min máis fermosa que calquera poema.»