Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Autor/a : Carlos Callón

En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis.

Partilla este libro

Sinopse

En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións». A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual e isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Por este motivo, o autor ofrécenos unha guía de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel co noso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que temos recoñecidos. Como afirma o propio Carlos Callón nas «Instrucións de uso», o capítulo con que abre o libro, «queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual», porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345126

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-287-6

  • Publicación

    19/07/2011

  • Clasificación IBIC

    CFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    208

  • Tamaño

    22.5 x 14.5 cm

Libros de Carlos Callón

LIBRO X

Maxicamente vella, eternamente nova, a literatura tradicional galega

Maxicamente vella, eternamente nova, a literatura tradicional galega

Xerais Universitaria

Vidas e historias LGBT da Idade Media

Vidas e historias LGBT da Idade Media

Xerais Universitaria

O libro negro da lingua galega

O libro negro da lingua galega

Sobre a colección CRÓNICA