A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña.
Partilla este libro
Sinopse
A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o de menos ao Xe nesta nova aventura, unha andanza onde nada é o que semella, nin sequera a hucha do indiano.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343211
I.S.B.N.
978-84-9914-133-6
Publicación
19/05/2010
Clasificación IBIC
YFB
Formato
Papel
Páxinas
240
Tamaño
19.5 x 13.5 cm
Autor
Mar Guerra
Mar Guerra (Madrid, 1963), vive na Coruña dende 1987. Xornalista de profesión, ten traballado para diferentes medios galegos tanto en xornais como en axencias. Na actualidade desenvolve a súa carreira profesional en Mastress Comunicación. No ano 2008 gaña o Premio Merlín de literatura infantil con "Xenaro e o misterio da mochila verde" máis tarde publica na colección Merlín "Xenaro e a hucha do indiano" ,"Señor Meco" e "Xenaro e a negra sombra" e en 2016 "Norteáns" na colección Fóra de xogo.