O adeus do vello mariñeiro
Os mares destes versos son para navegalos en gamela. A gamela do vello mariñeiro, aquel que teceu a súa vida sobre o salgado. A poética de O adeus do vello mariñeiro está surcada polas mulleres e os homes do mar, por esas persoas que foron construíndo unha cultura, un xeito de entender a vida, coas súas vivencias, a súa linguaxe, os seus fogares, as súas ferramentas, os seus labores.