O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de Federico Cocho, con fotografías de Manuel G. Vicente, sobre o entroido. O carnaval, tempo que precede á Coresma no calendario tradicional, é a festa da transgresión e da burla, que é tamén purificación, parodia, rexoube na representación do mundo.
Partilla este libro
Sinopse
O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de Federico Cocho, con fotografías de Manuel G. Vicente, sobre o entroido. O carnaval, tempo que precede á Coresma no calendario tradicional, é a festa da transgresión e da burla, que é tamén purificación, parodia, rexoube na representación do mundo. As súas raíces afondan na memoria máis antiga da nosa cultura e, a pesar das prohibicións cíclicas ao longo da historia, rexorde cun pulo sorprendente. Este rigoroso traballo de campo leva ao lector a través das máis diversas e carnavalescas paisaxes da nosa xeografía: as máscaras da cultura rural, os Momos e Mecos, Os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres... E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... Un libro que afonda na profunda significación da festa.
Colección
Monografías
Código
1362104
I.S.B.N.
978-84-9782-698-3
Publicación
18/01/2008
Clasificación IBIC
JHMC
Formato
Papel
Páxinas
280
Tamaño
22.5 x 14.5 cm
Autor
Federico Cocho
Federico Cocho (Xinzo de Limia, 1958) licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e cursou o Diploma de Estudos Avanzados en Socioloxía na Universidade da Coruña (UDC). Logo dunha longa traxectoria como reporteiro e como informador político en distintos medios de comunicación galegos, traballa hoxe na reitoría da UDC e colabora como analista da actualidade na Radio Galega. Das súas reportaxes e investigacións sobre a cultura popular galega naceron os libros, O carnaval en Galicia (Xerais, 1990, 2008) e O Entroido galego (1998), e numerosos artigos e capítulos de libros en publicacións especializadas. Á súa faceta como cronista político pertence Cara a cara. Las elecciones de 1993 (1993), escrito co xornalista Luis Villamor. Tamén preparou unha descrición de Galicia e unha escolma de roteiros para a súa Guía práctica de Galicia (1996). Nos últimos anos centrou o seu labor investigador e divulgativo na Guerra Civil e na represión.