Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Cólera

Autor/a : María Xosé Queizán

Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio.

Partilla este libro

Sinopse

Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio... A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu. Foron anos de concienca ideolóxica e represión brutal; xa que logo non lle era posible rememorar ese terror sen ira, non podía escribilo sen cólera. Pero, aínda que a autora viviu os acontecementos, non os escribe en nome propio: están trazados dende o punto de vista masculino. Non podería escribirse desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos: as mulleres non decidían, non contaban. Este poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, xa que as mulleres sentían unha dupla indignación porque padecían unha dobre opresión.

  • Colección

    POESÍA

  • Código

    1322214

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-612-9

  • Publicación

    24/05/2007

  • Clasificación IBIC

    DCF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    64

  • Tamaño

    21.9 x 14.5 cm

Libros de María Xosé Queizán

POESÍA

Metáfora da metáfora

Metáfora da metáfora

Narrativa

Amor de tango

Amor de tango

Ensaio

Despoxos e vísceras ilustres

Despoxos e vísceras ilustres

Sobre a colección POESÍA