Número de libros encontrados: 10
Morto de fame
A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador...
Ai, que risa! Os Minimortos
O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres...
Axente Riciños: Misión Princesa
Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga...
O Día dos Vivos. Os Minimortos
A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados. Todos os habitantes do Outro Barrio agardan nerviosos polo seu convite mentres deseñan disfraces terroríficos para a ocasión...
Escola de salvaxes. Os Minimortos
A inesperada aparición da mestra Sinistra revoluciona os Minimortos. Quen será esa muller tan excéntrica? Camiña coma se pisase chinchetas, leva un sol enriba da cabeza e está empeñada en obrigalos a estudar...
Vaia cabuxiño!
O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz...
Criando malvas. Os Minimortos
Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunha forma incrible...
Alcaldesa Vermella
Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións...