Número de libros encontrados: 62
Restaurante Farruco
No xeitoso e moi feituco Resturante Farruco celébrase un xantar moi especial: unha parella e o rei son atendidos polo camareiro Farruco, pola xefa de cociña Siñá Manuela e polo seu axudante...
Vouvos papar
Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao "Buscaminas", ao seu xogo preferido, viven unha aventura na Internet cando os chucha o seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora...
O armario novo de Rubén
"O armario novo de Rubén" A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu...
A formiga coxa
Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura...
Lía e as zapatillas de deporte
As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis...
Viaxe de ida e volta
Mol e Fol son dous caracois que viven felices nunha pequena horta, ata que un día alguén colle a leituga pola que eles andaban e provoca a súa separación...
Fantasmas no corredor
A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor...
Álvaro e Álvaro
Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello...
A marabillosa medicina de George
A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes...
A encontadora
Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta...
¡Mamasiña, que medo!
Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura...
A contar ovellas
Xan non pode durmir sen contos. Súa nai xa non llos quere contar, e mándalle que conte ovellas, pero, entre as ovellas que van e veñen, o neno consigue que a voz dun misterioso ser brillante lle cumpra o seu desexo e lle conte os relatos máis fermosos: a historia da lúa chea, a do misterioso mar das sete ondas, a dos amores do señor Matías...