Autor/a
Lewis Carroll
Lewis Carroll, seudónimo do Rvdo. Charles Lutwidge Dodgson (1832-1898), aquel inglés que escribiu ``desexo permanecer descoñecido como persoa, pois que o ser recoñecido por extraños sería para min insoportable´´, amais de profesor foi matemático, inventor de xogos e outros trebellos, afeizoado ó teatro, quizais o mellor fotógrafo do seu tempo, escribiu máis de cen mil cartas e mais tamén foi sobranceiro cultivador da literatura do ``nonsense´´ ou absurdo.